BOS DÍAS A TODOS/AS-TAREFAS NA CASA
Ola a todos e
todas:
Non
asistiredes a clase durante uns días, pero é importante que na vosa
casa manteñades unha rutina de traballo escolar, haberá tempo para
todo, pero insisto en que sempre que sexa posible, teñades un
horario de tarefas escolares. É moi importante e fará que vos
sintades mellor.
As
actividades están nas carpetas de cada materia que se atopan na
parte superior deste blog. Tamén irei incluindo enlaces de páxinas
para facer actividades online para aqueles nenos e nenas que non poidan
facer as actividades impresas.
Nos vindeiros días, irei incluindo máis actividades.
Nos vindeiros días, irei incluindo máis actividades.
Tede
en conta que: Cada
un fará o que poida. Se non entendo algo, tranquilo/a, podemos pedir
axuda polo blog ou polo correo. O obxectivo é practicar, NON
AVALIAR.
Para elo
teremos a seguinte vía de comunicación:
EN
«ASUNTO» POÑEDE SEMPRE O VOSO NOME E APELIDOS
Se
necesitades calquera aclaración poñédevos en contacto comigo.
Moitas grazas
equipo. Saúde!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario