O vindeiro mércores 22 de Abril celébrase a nivel mundial, o Día da Terra.
Como sabedes, xa dende fai tempo o noso planeta tamén está enfermo. Tamén precisa dos nosos coidados, dos nosos esforzos para tentar que recupere a súa saúde, que tamén é a nosa.
Nestes tempos de illamento, onde todas e todos paramos a nosa vida habitual e contribuímos a unha causa común en prol da saúde da humanidade, é bo momento para acordarse tamén da nosa casa común. Este Planeta Azul que chamamos Terra, e ao que tamén lle desexamos unha boa recuperación e mellor saúde.
Propoñémosvos varias actividades para celebrar xuntos este día, cada quen pode escoller a que máis lle guste:

- Escribe un poema dedicado á Terra (máximo 1 folio). Podes completalo con debuxos ou escribilo con cores diferentes. O tema é libre: Desexándolle boa saúde á Terra, prometéndolle axudala a recuperase ou calquera outra idea que se che ocorra. Se queres podes gravarte léndoo co móbil e envialo. Senón envía unha foto do poema.
- Grava un vídeo (máximo 1 minuto), regando unha planta ou árbore, ou plantando unha semente na natureza.
Envía os poemas ou as fotos a: mazaricoteca@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario