xoves, 23 de abril de 2020

Actividades libros de texto

Semana do 27 de abril ao 30 de abril

Matemáticas: páxina 130,131,132,133

Ver vídeo:

Lengua: páxina 141.

Lingua: páxinas 94,95,96,97

Ciencias Sociais: páxinas 52,53

Ciencias Naturais: páxinas 50,51

Podedes seguir facendo as actividades propostas: contos contados, xogos...xa que irei subindo máis.


sábado, 18 de abril de 2020

Día da Terra

O vindeiro mércores 22 de Abril celébrase a nivel mundial, o Día da Terra. 
Como sabedes, xa dende fai tempo o noso planeta tamén está enfermo. Tamén precisa dos nosos coidados, dos nosos esforzos para tentar que recupere a súa saúde, que tamén é a nosa.

Nestes tempos de illamento, onde todas e todos paramos a nosa vida habitual e contribuímos a unha causa común en prol da saúde da humanidade, é bo momento para acordarse tamén da nosa casa común. Este Planeta Azul que chamamos Terra, e ao que tamén lle desexamos unha boa recuperación e mellor saúde. 

Propoñémosvos varias actividades para celebrar xuntos este día, cada quen pode escoller a que máis lle guste:


  • Escribe un poema dedicado á Terra (máximo 1 folio). Podes completalo con debuxos ou escribilo con cores diferentes. O tema é libre: Desexándolle boa saúde á Terra, prometéndolle axudala a recuperase ou calquera outra idea que se che ocorra. Se queres podes gravarte léndoo co móbil e envialo. Senón envía unha foto do poema.
  • Grava un vídeo (máximo 1 minuto), regando unha planta ou árbore, ou plantando unha semente na natureza.  

 Envía os poemas ou as fotos a: mazaricoteca@gmail.com

xoves, 2 de abril de 2020

Actuación Paco Nogueiras

Que gran festa de música e de cancións nos agarda esta tarde! Onde? Na túa casa, e na miña... e na de tod@s! Porque non podemos ir ao auditorio, nin ao centro socio-cultural do barrio, nin á biblioteca... por iso Paco Nogueiras Nodar vai onda tod@s nós para celebrarmos o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Prende a pantalla ás 5 da tarde e accede ás súas canles en Instagram e Facebook!

📡https://www.facebook.com/paco.nogueirasnodar
🎥 https://www.instagram.com/paconogueiras/
🎙 kalandraka.tv/gl/video/meuomundoe
#QuedaNaCasa #EuQuedoNaCasa #CorentenaLiteraria

mércores, 1 de abril de 2020

2 de abril DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Para celebrar o Día do libro Infantil e Xuvenil, dende o equipo de biblioteca do CPI A Picota propoñémosvos facer a seguinte actividade: un minilibro.

Para iso só precisades un folio, lapis, cores ou rotuladores. O libro pode ter a temática que vós queirades: chistes, trabalinguas, adiviñas, poemas...

A continuación déixovos os pasos pasa poder elaboralo así como unha fotografía de como me saiu o meu minilibro para animarvos a facer o voso. 

Cando o elaboredes podedes quitar unha foto e enviarma ao meu correo electrónico, ou quitar unha foto co voso libro preferido para conmemorar este día. 

Gracias pola vosa colaboración!!

domingo, 29 de marzo de 2020

APLICACIÓN ABALARMÓBIL

AVISO IMPORTANTE!!

Para unha maior comunicación, rógase ás familias que descarguen a aplicación ABALARMOBIL, deste xeito poderán ter acceso aos boletíns de avaliación así como calqueira outra comunicación por parte do centro e do profesorado. A continuación móstrovos un vídeo onde se indica os pasos para descargala. 

Moitas grazas!!




sábado, 21 de marzo de 2020


AVISO !!: Podedes enviarme por email fotos dos traballos que ides realizando. Ademais, se tedes algún debuxo ou manualidade que estivérades facendo nestes días, podemos colgar as fotos aquí para que os demais compañeiros/as o poidan ver. Un abrazo grande!!

luns, 16 de marzo de 2020

BOS DÍAS A TODOS/AS-TAREFAS NA CASA



Ola a todos e todas:

Non asistiredes a clase durante uns días, pero é importante que na vosa casa manteñades unha rutina de traballo escolar, haberá tempo para todo, pero insisto en que sempre que sexa posible, teñades un  horario de tarefas escolares. É moi importante e fará que vos sintades mellor.

As actividades están nas carpetas de cada materia que se atopan na parte superior deste blog. Tamén irei incluindo enlaces de páxinas para facer actividades online para aqueles nenos e nenas que non poidan facer as actividades impresas.
Nos vindeiros días, irei incluindo máis actividades.

Tede en conta que: Cada un fará o que poida. Se non entendo algo, tranquilo/a, podemos pedir axuda polo blog ou polo correo. O obxectivo é practicar, NON AVALIAR.

Para elo teremos a seguinte vía de comunicación:
Dirección de correo electrónico: alexandrafl@edu.xunta.es

 EN «ASUNTO» POÑEDE SEMPRE  O VOSO NOME E APELIDOS
Se necesitades calquera aclaración poñédevos en contacto comigo.

Moitas grazas equipo. Saúde!!